MULTITUDINARIA MARCHA DE CELEBRACIÓN E REIVINDICACIÓN POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Millares mostran a enorme vitalidade do movemento feminista na cidade

Manifestación feminista 25N
25N 4
Unha marcha combativa, festiva por momentos, reivindicativa sempre, percorreu este serán as rúas máis céntricas da cidade, desde o Obelisco até concluír diante da Delegación do Goberno, para mostrar a enorme vitalidade do movemento feminista na Coruña. O BNG, coa presenza da parlamentar Mercedes Queixas e o noso voceiro en María Pita Francisco Jorquera, portou unha faixa co lema  "Adiante coa loita feminista".
Millares mostran a enorme vitalidade do movemento feminista na cidade

20211125_202054O lema co que se abría a marcha -"Combatividade feminista contra a violencia machista"-, da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres, resume á perfección o espírito da mobilización. "Menos discursos e máis recursos", outro dos cánticos que corearon as millares de persoas que se sumaron a esta andaina reivindicativa polas rúas da cidade, tamén.25N

"Patriarcado e capital, alianza criminal", "Soa, borracha, quero chegar a casa!", "Se é machista non é xustiza" ou "O xénero non binario tamén sofre a diario" foron algunhas das palabras de orde que se ouviron na marcha, con especial destaque para a xente moza, boa proba de que o feminismo está cargado de presente, mais tamén de futuro.

 

25N 3

"Mulleres, oé, mulleres, oé, avanzan e non arrecúan", berraban millares de gorxas ao comezo da marcha. Pois é! O feminismo galego, cada día máis masivo e remozado, non vai parar até derrotar un patriarcado que non só oprime, senón que tamén mata. 

Millares mostran a enorme vitalidade do movemento feminista na cidade