DAVID SOTO VOLVE LIDERAR O ÓRGANO DE DIRECCIÓN

A militancia elixe o novo Consello Local, que volve estar liderado por David Soto

Consello Local após a súa elección, no CUR de Riazor.
Foto do novo Consello Local.
O salón de actos do CUR acolleu no serán deste mércores 16 a Asemblea Local do BNG que elixiu a nova dirección coruñesa, que volve estar liderada polo profesor de Dereito da UDC David Soto.
A militancia elixe o novo Consello Local, que volve estar liderado por David Soto

Unha nova dirección para os retos de futuro dun BNG que aspira a ser alternativa na nosa cidade, tal como xa o é no conxunto da Galiza.  Iso foi o que elixiu onte a nosa militancia, a completar así o proceso de renovación de órganos derivado da XVII Asemblea Nacional.

Incorpóranse ao órgano executivo da localidade a responsábel do grupo de barrio de Monte Alto e funcionaria da Consellaría de Sanidade Ana Míguez, o militante de Galiza Nova, veciño da Agra do Orzán e enxeñeiro Vítor Anidos, e o informático e tamén veciño da Agra do Orzán Isidro Daviña, ben como Antía Insua Lema, veciña do Barrio das Flores, ex concelleira do BNG en Corcubión, militante de Galiza Nova e profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral).

CL 2Por petición propia, e após ser parabenizados polo seu traballo, deixan o órgano de dirección as compañeiras María Xosé Bravo, presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Raquel Olveira, ex presidenta da Asociación Veciñal de Monte Alto e traballadora do sector da Alimentación, e Iolanda Naia, comerciante e impulsora da asociación de comerciantes A Transversal. ben como igualmente o compañeiro Manuel Francisco Méndez, sociólogo e ex presidente da Asociación Veciñal Novo Mesoiro e tamén durante varios anos responsábel local do BNG.

O novo Consello Local fica composto polas seguintes persoas:

1.-David Soto.

2.-Patricia Cordo.

3.-Francisco Jorquera.

4.-Avia Veira.

5.-Fran Rei.

6.-Mercedes Queixas.

7.-Vítor Anidos.

8.-Ana Míguez.

9.-Isidro Daviña.

10.-Antía Insua.

11.-Luís Busto.

12.-Isabel Risco.

13.-Anxo Sánchez.

14.-Carme Fiaño.

15.-Roi García.

Incorpórase como responsábel local de Galiza Nova Andrea Ramos.

 

 

A militancia elixe o novo Consello Local, que volve estar liderado por David Soto