CENTROS CÍVICOS
Melloras para o Centro da San Diego
Solicitamos ao Goberno municipal que realice obras de reparación e mantemento para o Centro Cívico de San Diego
Presentamos unha iniciativa para o próximo Pleno ordinario de xuño para que se substitúan varias cristaleiras rotas e se fagan labores de illamento e deshumidificación nas paredes exteriores do centro especialmente danadas
Vimos de solicitar mediante unha iniciativa dirixida ao Pleno da Corporación para que se realicen obras de reparación e mantemento para o Centro Cívico de San Diego.
Deste xeito, dimos traslado dun rogo escrito onde, na súa parte expositiva, describimos a situación no exterior do centro e do deterioro evidente da instalación.
Así, advertimos da presenza de humidades e verdín, tanto no beirado da á do tellado xunto á canalización de recollida de augas pluviais como na parede exterior na zona de conexión coa rede de sumidoiro, e de cristalería rota, e mesmo estalada, con varios paneis, tanto en zona de altura como a nivel do tránsito de rúa con evidente risco de caídas á vía. Neste último caso, advertimos dun posíbel risco para a veciñanza que transita ao carón da instalación que xustifica sobradamente unha actuación de urxencia no Centro Cívico.
Asemade existen outros deterioros menores, como desconchados de pintura, perda de materiais de subxección etc, menos evidentes, pero que implican, de non facerse unha reparación inmediata, un deterioro progresivo que podería aumentar os gastos de mantemento da instalación, e que nos leva a solicitar que se proceda a facer a instrucións correspondente para ordenar a reparación, rehabilitación e restauración das zonas deterioradas do Centro Cívico de San Diego.
A Coruña, 24 de maio de 2018.