Labañou e San Vicenzo de Elviña acollerán as próximas asembleas abertas sobre o aumento da auga

Labañou e San Vicenzo de Elviña acollerán as próximas asembleas abertas sobre o aumento da auga

A Coruña, 27 de novembro de 2012.- A campaña contra a suba da auga que o BNG está a levar a todos os barrios da cidade recalará mañá en Labañou e en San Vicenzo de Elviña. Así, os nacionalistas convocaron asembleas abertas e participativas ás 20h en Labañou, no local da A VV Francisco Rodríguez Otero (rolda Outeiro, 396, semisoto), coa intervención de Avia Veira, e ás 21h en San Vicenzo de Elviña, na Asociación Cultural Tempos Novos, coa intervención de María Xosé Bravo.

A través destes actos, o BNG da Coruña promove a presentación de alegacións contra as ordenanzas fiscais e de prezos públicos, aprobadas inicialmente polo Goberno municipal, co fin de impedir o aumento do recibo da auga.

Ademais, a concelleira Bravo representará o BNG na mesa redonda "Ordenanzas fiscais e prezos públicos no 2013. O recibo da auga", convocada pola A VV do Castrillón, ás 19h, no Salón de Actos do Centro Cívico do Castrillón.

 

Labañou e San Vicenzo de Elviña acollerán as próximas asembleas abertas sobre o aumento da auga