O BNG urxe unha solución ao necesario traslado de Repsol a Punta Langosteira

O BNG urxe unha solución ao necesario traslado de Repsol a Punta Langosteira

A Coruña, 23 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG lamenta que o cruzamento de declaracións e o espectáculo mediático da Autoridade Portuaria, que foi quen ampliou a concesión até o 2027, da Xunta de Galiza, que foi quen autorizou as autorizacións ambientais, e de Repsol, cando o traslado da multinacional a Punta Langosteira debería estar máis que resolto. Os nacionalistas lembran ao respecto que o porto exterior foi xustificado daquela, precisamente, para acoller as instalacións da empresa multinacional, co fin que A Coruña deixar de ser un polvorín por causa dos petroleiros e do oleoduto que atravesa a cidade.

Nesta liña, os nacionalistas ven inaudito este cruzamento de acusacións cando, supostamente, e segundo a ministra de Fomento, o traslado estaba xa encamiñado. O Goberno central, tanto do PP como do PSOE, sempre defendeu que Punta Langosteira for a sede das instalacións de Repsol. Resulta incomprensíbel, advirte o BNG, que Punta Langosteira for inaugurado coa carga de clínker cando o principal motivo polo que se creou, o traslado de Repsol, non está, a estas alturas, resolto.

As informacións destes días, sinala o BNG, desmontan a gran mentira da Autoridade Portuaria sobre Punta Langosteira, cando non esta en marcha o traslado de Repsol nin hai unha soa empresa puxante coa actividade industrial no porto exterior. Así, o Grupo Municipal do BNG urxe a Autoridade Portuaria e a Repsol a resolver o traslado, que resolverá os problemas de seguridade da cidadanía e a que a empresa relance a actividade industrial e xere máis postos de traballo na nosa comarca, afectada pola sangría do paro e a desindustrialización.

 

O BNG urxe unha solución ao necesario traslado de Repsol a Punta Langosteira