Jorquera presidirá a Comisión Especial da Fachada Marítima

Jorquera, presidente da Comisión Especial da Fachada Marítima.
Jorquera, durante a constitución da Comisión Especial da Fachada Marítima
Esta mañá constituíronse no Pazo de María Pita as diferentes comisións -as informativas en que se ditaminan os asuntos que van a Pleno e as especiais- en que se estrutura o organigrama do concello.
Jorquera presidirá a Comisión Especial da Fachada Marítima

O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, será o presidente da Comisión Especial da Fachada Marítima, o órgano que tratará un asunto sen dúbida crucial para o futuro da Coruña.

As comisións ficaron constituídas como segue:

-Comisión informativa de Facenda, Planificación Urbana e Administración xeral. Portavoz do BNG: Francisco Jorquera.

-Comisión informativa de Benestar Social. Portavoz do BNG: David Soto.

-Comisión informativa de Fomento e Promoción da Cidade. Portavoz do BNG: Mercedes Queixas.

-Comisión informativa de Mobilidade. Portavoz do BNG: Avia Veira.

-Comisión informativa de Transparencia. Portavoz do BNG: Francisco Jorquera.

-Comisión informativa de Suxestións e Reclamacións. Portavoz do BNG: David Soto.

-Comisión informativa de Honras e Distincións. Portavoz do BNG: Mercedes Queixas.

-Comisión Especial da Fachada Marítima. Portavoz do BNG: Francisco Jorquera.

-Comisión Especial da Área Metropolitana. Portavoz do BNG: Francisco Jorquera.

-Comisión especial das Bibliotecas. Portavoz do BNG: Mercedes Queixas

-Comisión especial da Axenda Urbana. Portavoz do BNG: Avia Veira.

 

Jorquera presidirá a Comisión Especial da Fachada Marítima