NO PLENO DESTE 14M

Jorquera presenta un rogo para o cadro de persoal de Emalcsa estar representado no seu Consello de Administración

CA
Consello de Administración de Emalcsa

O portavoz do BNG en María Pita Francisco Jorquera vai formular un rogo no pleno deste xoves 14M para unha persoa en representación das traballadoras e traballadores de Emalcsa poder asistir ao Consello de Administración desta empresa municipal.

Jorquera presenta un rogo para o cadro de persoal de Emalcsa estar representado no seu Consello de Administración

No texto deste rogo, Jorquera explica que, pese a este ser un dereito recollido expresamente no convenio colectivo, desde 2012 non se permite a participación das traballadoras e traballadores no Consello de Administración por medio dunha persoa representante con voz, pero sen voto.

Enfatiza o portavoz nacionalista que en 2016 o Consello de Administración comprometeuse coa representación das traballadoras que esta podería participar nas reunións sempre que se tratase de temas que afectasen o cadro de persoal. Mais tampouco se cumpriu este compromiso.

Agora o BNG formula un rogo para que se poña fin a esta situación e a representación laboral da empresa teña participación nas reunións do seu máximo órgano directivo.

Jorquera presenta un rogo para o cadro de persoal de Emalcsa estar representado no seu Consello de Administración