AVALIACIÓN DE FRANCISCO JORQUERA
As galegas do 18F, unha grande oportunidade para unha nova Xunta, liderada por Ana Pontón, apostar en serio por A Coruña
“Unha grande oportunidade para que se produza o cambio galego que Galiza e A Coruña necesitan”, indica.
“Os sucesivos gobernos galegos do PP deron as costas á Coruña. O investimento da Xunta estes anos na nosa cidade foi raquítico. Todos coñecemos tamén as deficiencias do transporte metropolitano, ben como a ausencia dunha política de vivenda digna de tal nome. E as coruñesas e os coruñeses sufriron directamente as consecuencias das políticas de recortes dos servizos públicos aplicadas polo PP, e o exemplo da delicada situación en que se atopa a atención primaria é paradigmático a ese respecto”, afirma o voceiro nacionalista.
A cidade necesita a mudanza política ao fronte do Goberno galego. “A Coruña precisa unha Xunta que aposte en serio pola Coruña, que impulse a Área Metropolitana, que teña verdadeiramente en conta -cunha política industrial proactiva- que A Coruña e a súa comarca son o grande motor económico do noso país”.
“Percibo un grande desexo de mudanza na sociedade. O 18F temos unha grande oportunidade de abrirmos un novo tempo político no noso país, tamén na nosa cidade, co liderado de Ana Pontón”, conclúe.