Jorquera comunícase co Goberno Local e o PP para activar as comparecencias na Comisión da Fachada Marítima
No correo electrónico que dirixe aos portavoces do Goberno Local e do PP, Jorquera avanza as propostas de comparecencia que o BNG pon sobre a mesa: o presidente da Autoridade Portuaria, a Universidade da Coruña, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, a Comisión Aberta en Defensa do Común e a Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros.
Jorquera lémbralle a Lage e Lorenzo que na reunión da comisión do pasado 5 de abril combinouse que a finais dese mes se terían achegado as propostas para pactar o calendario das comparecencias.
Unha vez combinado ese calendario, Jorquera procederá a convocar unha nova reunión da comisión.
É desde logo vontade do BNG darlle todo o impulso a esta Comisión Especial da Fachada Marítima como foro en que, coa participación non só dos grupos municipais senón de entidades representativas da cidade, se acorde e consensúen os trazos definitorios dun dos grandes desafíos que ten A Coruña por diante.