Damos o salto ao TikTok para abrirmos unha nova canle de comunicación coa veciñanza

WhatsApp Image 2024-05-03 at 11.34.15
Non foi sen tempo, mais o BNG da Coruña dá o salto ao TikTok e estrea este venres 3 de maio a conta @bngacorunha. Faino para, desde esta rede social, abrir unha nova canle de comunicación coa veciñanza coruñesa.
Damos o salto ao TikTok para abrirmos unha nova canle de comunicación coa veciñanza

O vídeo co que o BNG se presenta en TikTok está protagonizado polos membros do noso grupo municipal: Francisco Jorquera -portavoz da formación-, Avia Veira, Mercedes Queixas e David Soto.

Gravado na praza María Pita, no vídeo -unha breve peza de 22 segundos- as e os nosos concelleiros saltan literalmente, ao tempo que soan os acordes dun mítico tema de Tequila.

“Saltamos para que teñas un espazo onde ninguén salte os teus dereitos”, afirma na gravación Avia Veira, en tanto que Mercedes Queixas anota: “Saltamos para que saibas o que facemos por ti desde o Concello” e, pola súa banda, David Soto puntualiza: “Saltamos para termos unha nova canle e comunicármonos mellor contigo”.

A modo de reflexión final, Jorquera conclúe que “saltamos porque a política non se fai inmóbil desde unha cadeira”.

Damos o salto ao TikTok para abrirmos unha nova canle de comunicación coa veciñanza