Jorquera, sobre as conversas entre as administracións arredor da fachada marítima
Porén, Jorquera -que esta semana deu pasos para activar o calendario de comparecencias na Comisión Especial da Fachada Marítima- que salienta que non abonda cun diálogo a dúas bandas: cómpre que tamén se implique o Estado.
“É imprescindíbel que participe no diálogo o Goberno central. O porto da Coruña depende de Portos do Estado e tamén é indispensábel o concurso do ADIF, igualmente un organismo estatal, dado que a estación de mercadorías está no peirao de San Diego”, apunta Jorquera.
Agardamos que se dean pasos en firme para crear o Consorcio que garanta que todas as administracións públicas se involucren na transformacións dos terreos do porto interior, asegurando as necesarias vías de financiamento
De resto, subliña, a maior parte da débeda do porto é co Estado, a consecuencia da construción de Punta Langosteira e calquera deseño de futuro da fachada marítima debe pasar pola condonación dese débito ou por unha solución económica análoga.
“Celebramos en todo caso que as administracións se volvan ver as caras e agardamos que se dean pasos en firme para crear o consorcio que garanta que todas as administracións públicas implicadas se involucren na transformación dos terreos do porto interior, asegurando as necesarias vías de financiamento”, alegou.
E partindo sempre dunha premisa: o mantemento da titularidade pública dos terreos portuarios, concluíu.