Jorquera cualifica a resposta do Goberno Local sobre o caso STL como "tardía, contraditoria e vacilante"
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, cualificou esta mañá de “tardía, contraditoria e vacilante” a resposta dada polo Goberno Local ao caso STL, unha vez aberta unha investigación sobre graves irregularidades nos procesos de contratación do servizo de limpeza do Concello.
“O Concello non ten que actuar só ante un posíbel dano económico, senón tamén ante o menor indicio de prácticas en servizos públicos municipais que atenten contra os dereitos fundamentais”, defendeu Jorquera na súa intervención durante a sesión ordinaria que a Comisión de Medio Ambiente realizou esta mañá no salón vermello do Pazo de María Pita.
O Goberno Local non pode pretextar descoñecemento das irregularidades, pois foi alertado ao respecto delas polo BNG en sendas preguntas orais no Pleno, en abril de 2022 e o pasado 7 de xullo. “Daquela lembramos que o Concello ten que velar pola equidade e transparencia e preguntabamos se o estaban a facer”, indicou.
Nese pleno do 7 de xullo, Jorquera –o único portavoz da Corporación que fixo alusión ao asunto- demandou que a investigación se levase até as últmas consecuencias.
O Goberno Local non pode pretextar descoñecemento das irregularidades, pois foi alertado ao respecto delas polo BNG en sendas preguntas orais no Pleno, en abril de 2022 e o pasado 7 de xullo.
Na sesión de hoxe da Comisión de Medio Ambiente, o portavoz do BNG enfatizou que o Concello si dispón de ferramentas para garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos e, desde logo, para asegurar o respecto dos dereitos fundamentais das persoas traballadoras das concesións municipais.
“Os contratos dos servizos de limpeza viaria e recollida de lixo habilitan o Concello para investigar as condicións de contratación”, salientou Jorquera, quen remarcou que o servizo de medio ambiente “pode inspeccionar as instalacións, a documentación e a contabilidade da empresa”. Pode tamén “verificar que a concesionaria cumpre coas obrigas previstas nos pregos dos contratos”, tamén no que ten a ver co respecto á igualdade de oportunidades no acceso ao emprego.
Nese pleno do 7 de xullo, Jorquera –o único portavoz da Corporación que fixo alusión ao asunto- demandou que a investigación se levase até as últmas consecuencias.
Lamenta Jorquera que a pesar da alerta dada polo BNG por medio das devanditas preguntas orais “non houbo ningunha resposta clara por parte do Goberno Local a estas preguntas”.
“Após o inicio da investigación xudicial”, relatou Jorquera, “o Goberno Municipal deu o silencio por resposta baixo o argumento de que eran feitos que estaban incursos nunha investigación xudicial e desbotou abrir unha investigación interna”.
“Agora”, acrecentou, “o Goberno Municipal anuncia unha investigación interna e di que se personará no proceso xudicial aberto. Parécenos unha resposta tardía, contraditoria e vacilante”.
Para concluír, Jorquera considerou “gravísimo”, se se demostra, que “as empresas concesionarias delegasen a política de contratacón no STL”