UN ROGO ORAL PARA A SÚA LECTURA NO #PLENOXUÑO DO VINDEIRO 5X
Jorquera alerta o Goberno Local da habitual existencia de verteduras de graneis na estrada do porto
A través dun rogo oral para a súa lectura no vindeiro Pleno de xuño, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, alerta o Goberno Local sobre a habitual existencia de verteduras de graneis na calzada da estrada do porto, en concreto por volta da rotonda de Oza e no treito da AC-10 entre a rotonda e o nó de Casabranca e o túnel de Eiris.
22 maio 2025 - 11:31
Jorquera advirte sobre o risco que as verteduras supoñen para as persoas que transitan nesa área, nomeadamente ciclistas e motoristas.
As verteduras teñen como orixe o intenso tráfico de camións, en dirección entrada ou saída ao porto, que transportan graneis, “moitas veces sobrecargados ou cunha cubrición deficiente”, subliña Jorquera na exposición de motivos deste rogo.
O portavoz nacionalista insta o Goberno Local, en definitiva, a que “faga as xestións oportunas coas outras administracións competentes” -Autoridade Portuaria e Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostíbel, titular da AC-10- para resolver esta situación.