"A PRIORIDADE DO CONCELLO DEBE SER APOIAR A UNIVERSIDADE PÚBLICA, NON SER PORTAVOZ OU PROMOTOR DE INICIATIVAS PRIVADAS", AFIRMA JORQUERA

O BNG mantén un encontro co reitor da UDC e o seu equipo

BNG co reitor da UDC
Un momento do encontro

O grupo municipal do BNG en pleno mantivo un encontro institucional esta mañá, na sede do Reitoría da UDC, co reitor da universidade coruñesa, Ricardo Cao, e parte do seu equipo.

O BNG mantén un encontro co reitor da UDC e o seu equipo

“Co reitor e o seu equipo xa mantivemos xuntanzas. Este encontro ten tamén o propósito de continuar a coñecer de primeira man os problemas e as necesidades da UDC e poñernos á súa disposición”, afirmou o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, nun encontro cos medios previo á reunión.

O portavoz nacionalista remarcou que para o BNG as universidades públicas en xeral e a UDC en particular xogan un papel determinante na corrección das desigualdades sociais e na garantía “da igualdade de oportunidades”.

Alén diso, acrecentou, a UDC “achega coñecemento e talento ao tecido produtivo da cidade e da comarca” e, nesa liña, destacou que “proxectos promovidos pola universidade coruñesa, como a Cidade das TIC, son estratéxicos para A Coruña e a súa contorna”.

Por tanto, é “imprescindíbel” o apoio das institucións públicas, a comezar polo Concello, se comprometan co fortalecemento da UDC.

BNG co reitor da UDC 2

Nese sentido, Jorquera resaltou que BNG é “respectuoso con todas as iniciativas privadas”, pero a seguir subliñou que a función do Goberno Local “non é a de ser portavoz nin promotor dunha universidade privada”. “A prioridade debe ser fortalecer a universidades pública e apoiar en todo o posíbel a UDC”.

Zona tensionada

Interpelado polos medios sobre o feito de o Concello xa ter enviado toda a documentación a Xunta para a cidade ser declarada zona tensionada en materia de vivenda, Jorquera instou o Goberno Local a que “deixe de procurar pretextos” e acelere esa declaración.

“É unha medida positiva, aínda que non abonda”, esclareceu. “Son necesarias moitas máis medidas para resolver un problema social de primeiro orde. E a primeira é que a Xunta asuma as súas responsabilidades como administración competente na materia”.

25 anos da liga do Dépor

E no 25 aniversario do título de liga conquistado polo Dépor, Jorquera evocou o nerviosismo co que viviu as vésperas dese partido. “Tiña presente o que ocorrera en 1994, a verdade é que son bastante cenizo”, chanceou.

“Felizmente, fíxose xustiza. Polo xogo brillante despregado naqueles anos, o Dépor merecía ter conquistado máis dunha liga. En todo caso, é un mérito enorme que o equipo dunha cidade de 250 mil habitantes, nunha liga tan competida como foi aquela, conquistase un título que todos temos no corazón”, concluíu.

O BNG mantén un encontro co reitor da UDC e o seu equipo