Iniciativas de Avia Veira sobre mobilidade e abandono do espazo público en Durmideiras
A afluencia de visitantes ao barrio de Durmideiras durante o verán fai que, ao aumentar o número de vehículos, se produzan problemas “ao non estaren delimitadas as prazas de aparcamento”, o que resulta en que ás veces “fican coches sen poderen saír polo xeito en que aparcan algunhas persoas”, sinala Veira.
Tamén no barrio de Durmideiras, o grupo municipal do BNG foi informado por veciños e veciñas dun feito que exemplifica o abandono do espazo público: a existencia dunha zona axardinada a carón do recentemente reformado Mercado Municipal e que se atopa desde hai meses fechada por un valado, sen que se lle estea a dar ningún uso.
“Cal é o motivo polo que despois de meses a zona axardinada continúe valada e sen se producir ningún avance?”, inquire Avia Veira por medio dunha pregunta por escrito, ao tempo que se interesa por saber se o Goberno Local ten pensado actuar nesa zona e se pode concretar en que data.