CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Iniciativa para a substitución da reixa do CEIP Sanjurjo de Carricarte
Presentamos unha iniciativa para a substitución da reixa que separa o CEIP Sanjurjo de Carricarte coa pista deportiva da Igrexa de San Xosé
Atendemos así á solicitude que nos teñen trasladado nais e pais do alumnado deste centro educativo despois de observar os problemas de seguridade provocados polo deterioro progresivo deste valado
Vimos de presentar esta mañá unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) para a substitución da reixa de separación do CEIP Sanjurjo de Carricarte coa pista deportiva da Igrexa de San Xosé.
Esta reixa, que separa as instalacións contiguas do citado CEIP da pista de fútbol sala e de baloncesto propiedade da Igrexa de San Xosé, presenta un deterioro evidente, do que xa se ten informado canto menos hai un ano.
Atendemos así á solicitude que nos ten trasladado nais e pais do alumnado deste centro educativo despois de observar os problemas de seguridade provocados pola situación.
De feito, este deterioro provoca que haxa arestas afiadas que sobresaen do propio valado que poñen en risco a integridade das nenas e nenos xa que logo esta reixa vai paralela á zona de xogos infantís do patio exterior do CEIP que é empregada todos os días.
Así, e mediante un rogo para o seu trámite por escrito, solicitamos que o Goberno municipal proceda, á maior brevidade posíbel, a substitución desta reixa.
A Coruña, 13 de outubro de 2017