A MULTITUDE, MAIS UNHA VEZ PROTAGONISTA

A imparábel forza dunha cidade feminista

Ruas Corunha
A Coruña nunca lle falla ao feminismo. Desta volta tampouco. A cidade volveu ofrecer unha demostración masiva de cales son os seus valores, entre eles o total rexeitamento de toda forma de opresión sobre as mulleres, val dicir, a vontade inequívoca de construír un mundo onde o machismo non teña cabida.
A imparábel forza dunha cidade feminista

Miles de persoas -con especial destaque para a mocidade- constituíron a multitude que, máis unha vez, se manifestou un 8 de marzo polas rúas da cidade, nunha marcha incesante entre o Obelisco e a Praza das Cigarreiras.

feminismo galego en pé
A faixa do BNG

No medio desa demostración masiva de combate contra o patriarcado, marchou o BNG cunha faixa que describía ben o que estaba a acontecer nas rúas da cidade: Feminismo Galego en Pé.

As tres candidatas
Keina Espiñeira, Mercedes Queixas e Lupe Martínez Junquera

Marchou o BNG e marcharon as candidatas: Avia Veira, Mercedes Queixas, Keina Espiñeira, Lupe Martínez Junquera, Iria Buxán, María Seixo e Xela Armas. E canda elas, o voceiro do Bloque no Concello e número un da nosa lista para as municipais de 28 de maio, Francisco Jorquera.

 

A imparábel forza dunha cidade feminista