AVIA VEIRA PREGUNTA AO GOBERNO LOCAL POLO MAL ESTADO DAS INSTALACIÓNS DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA
Pingueiras nalgunhas aulas e cero euros nos orzamentos da Xunta
En concreto, hai pingueiras nos corredores e nalgunhas aulas e a pista polideportiva carece de suficiente iluminación, o que obriga o centro a recorrer a pequenos fotos portátiles para realizar actividades a partir das 18 horas.
Veira quer saber se o executivo coruñés coñece esta situación e, en caso afirmativo, que pensa facer ao respeito.
“Está exixindo o Goberno Local [a Xunta de Galiza, a administración competente] que se actúe no dito centro educativo ou ten pensado actuar para evitar esta situación?”, pregunta a concelleira nacionalista.
Nos orzamentos da Xunta para 2020 non hai ningunha partida para reparar estas deficiencias, o que levou o pleno do Concello a propor -a instancias de BNG, Marea e PSdeG- unha emenda das contas da Administración galega para aumentar os fondos destinados aos centros de ensino, entre os cales citábase explicitamente o de San Pedro de Visma.