Grazas á denuncia feita polo BNG, o Goberno Local salda as débedas fiscais do Consorcio de Turismo e accede á subvención

Conferencia prensa BNG ecuador mandato 2
Un momento da conferencia de prensa do pasado 16X

O BNG da Coruña celebra que, grazas á denuncia feita en conferencia de prensa polo grupo municipal nacionalista, o Goberno Local puxese ao día as obrigas fiscais do Consorcio de Turismo e Congresos e así este organismo puidese finalmente acceder a unha subvención da Deputación.

Grazas á denuncia feita polo BNG, o Goberno Local salda as débedas fiscais do Consorcio de Turismo e accede á subvención

A este respecto, o BNG quer puntualizar que na conferencia de prensa do pasado 16 de xuño en ningún caso deu por perdida a subvención: o que manifestou o noso portavoz, Francisco Jorquera, é que a axuda fora denegada inicialmente, cousa absolutamente certa, tal e como figuraba na resolución provisional publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Sobre esta irregularidade, débedas coa Axencia Tributaria que chegaron a pór en risco a percepción desta subvención, e sobre outras deficiencias que atinxen a súa xestión na área de Cultura agardamos que o concelleiro responsábel, Gonzalo Castro, dea as oportunas explicacións na comparecencia que o BNG lle solicitou no vindeiro Pleno ordinario, a se realizar o venres 11 de xullo.

 

Grazas á denuncia feita polo BNG, o Goberno Local salda as débedas fiscais do Consorcio de Turismo e accede á subvención