Por que o Goberno municipal non lle pide ao interventor que informe sobre o PXOM?
A Coruña, 23 de decembro de 2012.- Malia a innumerábel sucesión cotiá de nova documentación en relación a tramitación administrativa do PXOM, con documentos novos para facer cambios e para corrixir os cambios xa realizados pola presenza continua de erros, o Grupo Municipal do BNG evidencia que non consta nin no PXOM, nin no seu expediente de tramitación, realmente tortuosa e chapuceira, informe da Intervención municipal, a pesar da transcendencia e o impacto económico que supón a execución e desenvolvemento de todas as actuacións previstas no Plan xeral. Sería oportuno, con independencia de que resultase preceptiva ou non, que figurase na documentación informe do Interventor xeral.
Ao respeto é algo sobre o que tamén repara o informe municipal complementario ao emitido con data de 30 de xullo de 2012, asinado o 12 de novembro de 2012 pola arquitecta municipal, polo arquitecto de Urbanismo e xefe do departamento de Planeamento e polo propio director de Urbanismo. Neste informe complementario as persoas que asinan din, literalmente, na páx. 82609 (sobre Estratexia de actuación e estudo económico), o seguinte: A este respeto debe indicarse que non consta informe da intervención municipal, no PXOM, nin no seu expediente administrativo.