O Goberno municipal fai oídos xordos a que haxa presenza feminina no trofeo Teresa Herrera
A Coruña, 28 de agosto de 2013.- O Grupo municipal da Coruña sinala que o Goberno municipal fai ouvidos xordos á proposta elaborada pola Asociación de Xogadoras de Fútbol, coa colaboración de Mudegá (Mulleres Deportistas Galegas), para que o Concello da Coruña emprazase o R.C. Deportivo a introducir no cartaz do trofeo Teresa Herrera o fútbol feminino.
As nacionalistas a instancias destas entidades presentaron no pasado pleno de xuño unha moción para a incorporación do fútbol feminino neste trofeo e así promover o seu medre nunha sociedade que segue a ser machista. Mais a moción non se puido debater polo voto en contra do Partido Popular.