EMPREGO

Por que o Goberno municipal deixou de executar 238.000 euros para cursos de formación en 2016?

Protesta diante dunha oficina de emprego
Protesta diante dunha oficina de emprego

Pedimos explicacións ao Goberno Local sobre os 238.000 euros que ficaron sen executar en 2016 da partida destinada a cursos de formación para o emprego

Cremos que é inadmisíbel que nunha cidade con más de 19.000 persoas desempregadas, segundo os últimos datos que coñecemos, quede sen executar o 36% da partida destinada a cursos de formación

Por que o Goberno municipal deixou de executar 238.000 euros para cursos de formación en 2016?

O noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha batería de preguntas escritas relativas áos 238.000 euros que ficaron sen executar en 2016 da partida destinada a cursos de formación para o emprego. É e que vimos de coñecer este dato a través dunha resolución de alcaldía.

Cremos que é inadmisíbel que nunha cidade con 19.063 persoa no desemprego, o Goberno Local deixe de destinar o 36% da partida destinada precisamente a cursos de formación que teñen a finalidade de mellorar a inserción sociolaboral destas persoas polo tanto pedímoslle explicacións a través desta iniciativa.

Asemade, na mesma iniciativa (podes vela premendo aquí), preguntamos sobre cada un dos cursos realizados en 2016, o custo de cada un deles e cales deses cursos tiveron un carácter novidoso a respecto dos que se viñan realizando con anterioridade desde a  Concellaría de Emprego e Economía Social.

Tamén queremos saber a través desta batería de preguntas escritas se a concellaría avaliou a efectividade destes cursos na inserción laboral das persoas desempregadas que os recibiron.

A falta de execución da partida de cursos de formación para o emprego reflicte a falta de ideas que ten o Goberno Local para afrontar o desemprego que asolaga a nosa cidade e que neste último mes subiu en 75 persoas e que a Marea Atlántica carece de iniciativa para afrontar un dos problemas máis graves da nosa cidade e non vemos máis accións fóra da elaboración e aprobación do Plan de Emprego Municipal.

Foi precisamente por iso que propuxemos para os orzamentos de 2017 a inclusión dunha partida para a elaboración dun Plan de Industrialización para a cidade e a comarca, precisamente nesa necesidade de liderado da cidade ante a pasividade doutras administracións públicas; a posta en marcha dun banco de locais comerciais, preciso para a rexeneración do tecido do pequeno comercio da nosa cidade; e mais a organización do Alén. Outlet de Comercio Local, moi necesario para promocionar tamén o noso pequeno comercio. Mágoa que, pola súa falta de entendemento co PSOE, o Goberno Local non fose quen de sacar os orzamentos de 2017 con estas inclusións.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Por que o Goberno municipal deixou de executar 238.000 euros para cursos de formación en 2016?