Resposta do Goberno Local ao BNG sobre as deficiencias na RISGA en materia de vivenda
Na súa resposta, o Goberno Local dille ao BNG que si é consciente da existencia desta situación e sobre o que pensa facer ao respecto indica que ten pendente unha reunión “coa Xunta da Galiza para abordar as deficiencias que os servizos técnicos municipais encontran na RISGA”.
A través desta iniciativa, a concelleira nacionalista inquiría tamén ao Goberno Local sobre se xa está a traballar na necesidade de pór en marcha canto antes unha bolsa de vivenda en aluguer, tal e como BNG e PSOE conviñeron en xuño pasado no acordo que fixo viábel a investidura de Inés Rey.
O Executivo coruñés limítase a responder que si está a traballar neste asunto, sen dar máis detalles.