Está o Goberno Local a fiscalizar a xestión da escola infantil Carmen Cervigón por parte de Padre Rubinos?

EIM
A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha batería de preguntas ao Goberno Local en relación á Escola Infantil Municipal Carmen Cervigón.
Está o Goberno Local a fiscalizar a xestión da escola infantil Carmen Cervigón por parte de Padre Rubinos?

Este centro educativo xestíonao a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos en aplicación dun convenio nominativo que se renova anualmente. Como é normal, e así o pon en destaque Veira na súa iniciativa, “a entidade terá que cumprir co establecido no Regulamento de Organización e Funcionamento das Escolas Infantís Municipais”.

O que quere saber agora Veira é se o Goberno Local ten constancia de que Padre Rubinos estea a cumprir coas súas obrigas no ámbito laboral e, en concreto, no que ten a ver coa aplicación do convenio colectivo.

Pregúntalle tamén ao executivo coruñés se lle consta que Padre Rubinos estea a esixirlle ao persoal traballador na escola infantil as titulacións en idioma “que se esixen no regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais”.

E por último inquire o Goberno Local se ten comprobado que as prazas ocupadas por nenas e nenos con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) “efectivamente contabilizan como dúas prazas nesta escola infantil municipal”.

 

 

 

Está o Goberno Local a fiscalizar a xestión da escola infantil Carmen Cervigón por parte de Padre Rubinos?