UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA

O Goberno Local debe mediar entre empresa e traballadores da concesionaria do servizo de sinalizacion

Screenshot_20230209-142653_Gallery
Jorquera, cos traballadores concentrados en María Pita
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno de marzo, coa intención de que o Goberno Local medie no conflito laboral desencadeado na empresa Díez e compañía, a concesionaria do mantemento e conservación da sinalización vertical e horizontal no Concello da Coruña.
O Goberno Local debe mediar entre empresa e traballadores da concesionaria do servizo de sinalizacion

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno de marzo, coa intención de que o Goberno Local medie no conflito laboral desencadeado na empresa Díez e compañía, a concesionaria do mantemento e conservación da sinalización vertical e horizontal no Concello da Coruña.

En esencia, o cadro de persoal pídelle á empresa que, consoante á lexislación vixente, aplique o convenio colectivo da provincia da Coruña –sendo que esta firma ten a súa sede no polígono de Pocomaco e presta os seus servizos ao Concello da Coruña- e non o de Madrid.

Para o BNG, as demandas deste colectivo de traballadoras e traballadores –que esta mesma semana se concentraron na praza de María Pita- son absolutamente xustas e razoábeis.

É por isto que Jorquera insta o Goberno Local a que medie neste conflito e urxe a empresa a negociar a mellora das condicións laborais do cadro de persoal.

“O convenio de referencia é o convenio do metal da provincia da Coruña, por se tratar dunha empresa que ten a súa sede na nosa cidade e que presta os seus servizos ao Concello”, afirma Jorquera. “Este é o criterio que debe rexer o labor de mediación do Goberno Local neste conflito laboral”, conclúe.

 

 

 

O Goberno Local debe mediar entre empresa e traballadores da concesionaria do servizo de sinalizacion