GRAZAS A UNHA EMENDA DO BNG A UNHA MOCIÓN DO PP
O Goberno Local dará conta na Comisión de Transparencia de irregularidades en diversos contratos
O Pleno aprobou instar o presidente da Comisión de Transparencia, o conservador Roberto Rodríguez, a que convoque unha reunión dese órgano para que nela o Goberno Local dea conta de irregularidades contractuais vinculadas coa Cea do Deporte de 2022, o Womex e a Tall Ships Race de 2023.
Son facturas irregulares que foron advertidas en informes emitidos pola Intervención Xeral do Concello e o Consello Consultivo de Galiza.
O PP propuña crear unha comisión especial para que no seu se producisen as comparecencias das persoas responsábeis na adquisición deses compromisos de gasto. "Buscan un circo, replicando o modelo madrileño", criticou o portavoz do BNG, Francisco Jorquera.
Non fai falta crear un novo órgano, abonda con que o concelleiro do PP Roberto Rodríguez convoque a Comisión de Transparencia, que só se reuniu nunha ocasión no que levamos de mandato, resaltou o portavoz nacionalista.