O Goberno Local anuncia "por fin" a demanda para recuperar a Casa Cornide, claro froito da mobilización cidadá é da acción política do BNG

Mercedes Queixas e Francisco Jorquera. Casa Cornide.
Mercedes Queixas e Francisco Jorquera, durante unha Marcha Cívica pola Casa Cornide
O BNG celebra o anuncio da alcaldesa de que iniciara “de inmediato” accións xudiciais para recuperar para o patrimonio público da Coruña a Casa Cornide, antiga sede do Concello usurpada polos Franco durante a ditadura.
O Goberno Local anuncia "por fin" a demanda para recuperar a Casa Cornide, claro froito da mobilización cidadá é da acción política do BNG

Esta decisión, que se coñece xusto cando se oficializa a declaración do palacete como Ben de Interese Cultural, é froito da mobilización cidadá –téñense realizado até 3 marchas cívicas pola recuperación da Casa Cornide- e tamén da acción política exercida polo grupo municipal nacionalista desde o principio de mandato.

De feito, xa no primeiro Plano do mandato -11 de setembro de 2019- a Corporación votou por unanimidade unha moción defendida por Francisco Joruquera, portavoz do grupo municipal nacionalista.

A iniciativa instaba o Goberno Local a “iniciar os trámites para que o Concello da Coruña interpoña unha demanda xudicial para reclamar a restitución ao Concello da Coruña da titularidade da Casa Cornide”.

O asunto volvémolo levar ao Pleno en reiteradas ocasións, ante a falta de dilixencia do Goberno Local á hora de lle dar cumprimento á moción. “O Goberno Local actúa agora. Non foi sen tempo!”, di Jorquera.

“Estamos ante un logro evidente da sociedade coruñesa que leva anos a se mobilizar para reverter o espolio cometido pola ditadura. É o triunfo da dignidade e do traballo pola memoria democrática”, conclúe.

 

 

 

 

O Goberno Local anuncia "por fin" a demanda para recuperar a Casa Cornide, claro froito da mobilización cidadá é da acción política do BNG