QUEIXAS INSTA O EXECUTIVO DE INÉS REY A QUE RECONSIDERE UNHA DECISIÓN UNILATERAL POLA QUE PIDEN EXPLICACIÓNS AS PERSOAS USUARIAS

O Goberno Local anula as viaxes culturais dos programas de lecer do Fórum e do Ágora

Captura de pantalla 2025-12-02 123234
Sen ningún tipo de explicación nin de consulta previa ás persoas usuarias, o Goberno Local decidiu suprimir este ano a viaxe cultural ao estranxeiro coa que desde hai anos se puña o ramo aos programas de lecer que se realizan no Fórum Metropolitano e no Ágora.
O Goberno Local anula as viaxes culturais dos programas de lecer do Fórum e do Ágora

Sen ningún tipo de explicación nin de consulta previa ás persoas usuarias, o Goberno Local decidiu suprimir este ano a viaxe cultural ao estranxeiro coa que desde hai anos se puña o ramo aos programas de lecer que se realizan no Fórum Metropolitano e no Ágora.

Esta circunstancia leva a concelleira do BNG Mercedes Queixas a rexistrar un feixe de preguntas por escrito e un rogo oral para a súa lectura no Pleno de decembro por medio do cal insta o Goberno de Inés Rey a que, após conversas coas persoas usuarias dos programas de lecer, reconsidere a anulación das viaxes.

Cómpre salientar que persoas usuarias destes programas dirixíronse por escrito á alcaldesa e presidenta do IMCE para lle comunicar que consideraban “inexplicábel” esta decisión.

Queixas rexistrou un rogo oral para a súa lectura no Pleno do 11D

Inexplicábel porque -refire Queixas na exposición de motivos do rogo oral- “estas viaxes culturais veñen celebrándose desde hai uns 18 anos con grande éxito de participación (máis de 150 persoas adoitan participar nelas), sen teren ningún tipo de custo para o Concello, sendo que as usuarias son as que se fan cargo dos custos e a súa avaliación sempre foi moi positiva”.

Queixas inquire o Goberno Local as razóns que o levaron a anular esta viaxe cultural e se está disposto a falar coas usuarias “para coñecer a súa opinión” sobre esa decisión unilateral.

“Vai reconsiderar esta decisión o Goberno Local á vista do escrito das persoas usuarias e das sinaturas recollidas e dirixidas á alcaldesa e presidenta do IMCE?”, cuest

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Goberno Local anula as viaxes culturais dos programas de lecer do Fórum e do Ágora