O Goberno do Sr. Negreira "planta" cemento no canto de árbores na Agra do Orzán
A Coruña, 30 de decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG presentou na mañá de hoxe unha pregunta para a resposta escrita co fin de coñecer por que se taparon con cemento os buracos abertos na zona na que se cruzan a rúa Agra do Orzán e a rúa Meira para, supostamente, plantar árbores. As nacionalistas non entenden como despois de adecentar as beirarrúas da rúa Agra do Orzán o Goberno do Sr. Negreira tape cunha mestura de pedregullo e de area os buracos realizados.
A petición de veciños e veciñas, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle o Goberno local polos motivos que o levaron a cubrir os buracos de cemento, para que se realizaron eses orificios, se o aspecto que presentan vai ficar así e por que non se plantan árbores no seu interior.