O Goberno di que a bandeira da Patria pode provocar unha reacción "adversa" e "violenta"

O Goberno di que a bandeira da Patria pode provocar unha reacción "adversa" e "violenta"

A Coruña, 28 de agosto de 2013.- O Goberno de España vén de lle respostar (achégase dixitalizada) a unha iniciativa que levou o pasado mes de maio a deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Rosana Pérez, sobre a prohibición, por parte da policía nacional, a afeccionadoS do Depor de entrar nos estadios con bandeiras da Patria, de que “su exposición puede provocar una reacción adversa y violenta por parte de otros sectores del público”.

Esta iniciativa xurdiu despois de que a finais da pasada temporada, no partido que xogaban Valladolid e Deportivo, prohibíraselles a entrada ao estadio a varios siareiros galegos por levaren bandeiras nacionais e onde a policía chegou a reter algún seguidor. A deputada do BNG Rosana Pérez aludía na iniciativa que á vista da acta policial, “parece claro que as forzas de seguridade do Estado tratan os adeptos que acoden aos estadios con bandeiras nacionalistas como un problema de seguridade ou de alteración da orde pública”, e referíase a outros casos acontecidos a afeccionados do Depor, do Obradoiro e do Celta, aos que se lles requisaron as bandeiras, ou se lles acosaron ou ameazaron con sancións.

 

O Goberno di que a bandeira da Patria pode provocar unha reacción "adversa" e "violenta"