PERSOAS CONSUMIDORAS

Francisco Jorquera, Noa Presas e Xosé Luís Rivas Mini reúnense con Acouga

Comparecencia de prensa posterior á reunión mantida coa enridade Acouga
Comparecencia de prensa posterior á reunión mantida coa enridade Acouga

Mantivemos unha reunión de traballo con Acouga para fortalecer a colaboracións en asuntos como a estafa da electricidade ou a concentración bancaria

Tamén abordamos xunto a organización de persoas consumidoras, entre outros temas, o incremento das peaxes nas autoestradas, os prezos dos carburantes ou as consecuencias da Mina de Touro

É un disparate que un país excedentario en produción enerxética, onde cada veciño ten preto da casa unha torreta de alta tensión, esteamos falando de que empresas como Alcoa poden pechar polo prezo da luz; por iso o BNG está facendo unha campaña sobre electricidade, sinalando tamén as consecuencias dunha fiscalidade tan alta

Lembramos a perda de referencialidade que tivo A Coruña como sede financeira ao perder o país músculo financeiro coa venda, a prezo de saldo, do que na actualidade é Abanca, así como nas consecuencias que ten hoxe en día a concentración bancaria

Francisco Jorquera, Noa Presas e Xosé Luís Rivas Mini reúnense con Acouga

Unha delegación da nosa organización, composta por Francisco Jorquera, o noso candidato á alcaldía á Coruña, e Noa Presas e Xose Luis Rivas "Mini", deputados no Parlamento galego, mantiveron, na mañá do 27 de novembro, un encontro coa Asociación Galega de Consumidores e Usuarios, ACOUGA, para estreitar os lazos de colaboración en asuntos de vital importancia para A Coruña e Galiza, como son o prezo da luz, o incremento das peaxes nas autoestradas, os prezos abusivos da electricidade e dos carburantes, a concentración bancaria ou as consecuencias da Mina de Touro.

Deste xeito, e durante o desenvolvemento da reunión, o noso candidato á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera sinalou que "é un disparate que un país excedentario en produción enerxética, onde cada veciño ten preto da casa unha torreta de alta tensión, esteamos falando de que empresas como Alcoa poden pechar polo prezo da luz; por iso o BNG está facendo unha campaña sobre electricidade, sinalando tamén as consecuencias dunha fiscalidade tan alta".

Así mesmo, Jorquera tamén lamentou a "perda de referencialidade que tivo A Coruña como sede financeira ao perder o país músculo financeiro coa venda, a prezo de saldo, do que na actualidade é Abanca" e sinalou as consecuencias de que haxa hoxe "máis concentración bancaria en Galiza do que a media europea ou estatal, que xunto co desfase entre créditos e depósitos contribúe a que hoxe aumente a exclusión financeira das persoas e da pequena e mediana empresa".

Doutra banda, tanto o noso candidato á alcaldía, como os nosos deputados do Parlamento de Galiza, trasladaron a nosa posición de rexeitamento dos incrementos de peaxes anunciados que ao noso xuízo "terían consecuencias graves para o país ao sumarse á grande estafa que supón a AP9 e restaría competitividade ao supoñer un incremento no custo das exportacións".

Por último, a nosa delegación agradeceu a ACOUGA o seu tempo, facendo unha valoración moi positiva do encontro e do traballo que fai a asociación na defensa das e dos consumidores e comprometeuse a trasladar socialmente e ás institucións as demandas trasladadas da óptica do consumo.

A Coruña, 27 de novembro de 2018.

Francisco Jorquera, Noa Presas e Xosé Luís Rivas Mini reúnense con Acouga