COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG

A falta de orzamentos no Concello engade novos atrasos á Intermodal, mais as demoras son imputábeis ás tres administracións

Maqueta estación intermodal
Maqueta estación intermodal
A respecto da polémica sobre a Estación Intermodal entre a Xunta e o Goberno Local, o grupo municipal do BNG lamenta a actitude de ambas administracións. 
A falta de orzamentos no Concello engade novos atrasos á Intermodal, mais as demoras son imputábeis ás tres administracións

A responsabilidade nos atrasos da intermodal é imputábel ás tres administracións concernidas, Xunta, Estado e Concello, que até o de agora non lle deron o impulso necesario ao proxecto”, afirma o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera.

A xuízo de Jorquera, é “evidente” que a Xunta de Galiza está a usar o pretexto da ausencia de orzamento no Concello como elemento de desgaste político, ao servizo da estratexia do PP local, que vén de se ofrecer para negociar co Goberno local un modificativo de crédito.

Mais é evidente tamén que o Goberno local non está a cumprir cos seus deberes.

Xa no último pleno, Jorquera puxo en destaque que o propio interventor xeral do Concello advertira que, coas contas de 2020 prorrogadas, non existe crédito orzamentario axeitado e suficiente para a Intermodal.

A ausencia de orzamentos é a proba máis palpábel da parálise na que se atopa o Concello e que compromete importantes investimentos, incluída a intermodal, resalta o portavoz nacionalista.

A falta de orzamentos no Concello engade novos atrasos á Intermodal, mais as demoras son imputábeis ás tres administracións