Ante o expediente aberto pola Inspección de Traballo, o BNG urxe o Goberno Local a que elabore o Plan de Igualdade
Veira demándalle tamén ao Executivo coruñés que convoque o Consello Local de Igualdade e que cumpra na práctica coa Ordenanza de Igualdade que viu a luz no tramo final do pasado mandato.
Esa ordenanza, aprobada por unanimidade en maio de 2019, precisamente establecía o compromiso de elaboración dun plan de igualdade como documento guía para o desenvolvemento e concreción da política municipal nesta materia.
“Non nos valen escusas de mal pagador [o Goberno Local apelou á pandemia para xustificar a non aprobación do plan en tempo e forma]. Hai xa máis de dous anos que estamos fóra de prazo. É preciso que se poñan de vez a negociar o plan coas traballadoras e traballadores do Concello”, di a edil nacionalista.