Estudaremos a posibilidade de recurso no Tribunal Superior e falaremos coa venciñanza
Xa anunciamos que para o vindeiro Pleno ordinario proporemos, a través dunha Moción, unha modificación parcial do PXOM para impedir o impacto desta sentenza en zonas como Durmideiras ou a contorna da Torre de Hércules.
Estudaremos a alternativa de presentar recurso de casación contra a sentenza ditada polo TSXG, e presentaremos no vindeiro pleno ordinario unha moción propoñendo unha modificación parcial do PXOM
Tamén consideramos urxente a convocatoria dunha Comisión de Urbanismo que introduza cambios no planeamento en relación cos terreos portuarios e a Solana-Finisterre. Neste senso, apelamos á necesidade de actuar tanto para protexer a contorna da Torre como para incidir noutros aspectos do planeamento en beneficio da cidade e do interese xeral fronte á especulación e o lucro duns poucos.
Consideramos tamén urxente a convocatoria da comisión de urbanismo para introducir cambios no planeamento
Por outra banda, unha vez coñecido o contido da resolución ditada polo TSXG e que avala o PXOM no seu dia recorrido polo noso anterior portavoz, Xosé Manuel Carril, temos a intención de reunirmonos coa A.VV. de Monte Alto e coas veciñas e veciños da contorna da Torre de Hércules e Durmideiras afectadas/os por esta decisión da Xustiza.
Xa mantivemos contactos nas últimas horas coa entidade veciñal de Monte Alto
Así, a fin de presentar a Moción no Pleno de setembro, avaliaremos coa veciñanza afectada a resolución xudicial que non compartimos nin do punto de vista xurídico nin político e contra a cal estamos xa estudando a alternativa de presentar Recurso de Casación ante o Tribunal Supremo.
É a nosa intención escoitar o parecer das veciñas e veciños que, con esta resolución xudicial, ven cómo se dá un espaldarazo ao aumento dos volumes edificatorios na contorna da Torre. Todo isto, ademais, sen prexuízo de propoñer outras propostas de cambio no planeamento, como no caso dos terreos portuarios ou da Solana-Finisterre.
A Coruña, 30 de xullo de 2016
Artigos relacionados