ESCLEROSE MÚLTIPLE
Estivemos con ACEM na Barbería Solidaria
![O noso Responsábel Local, Manel Méndez, antes e despois de "visitar" a II Edición da Barbería Solidaria](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/bngcidadedacorunha/images/2017/06/10/2017061020431510287.jpg)
Participamos da II Edición do evento Barbería Solidaria en favor da Esclerose Múltiple celebrada esta tarde nos Xardíns de Méndez Núñez
Asistimos a este evento convidadas pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple - ACEM da que destacamos o seu labor, ao longo de todo o ano, de información e asesoramento aos afectados pola esclerose múltiple e aos seus familiares ademais de sensibilizar á opinión pública e as administracións
Participamos neste serán da II Edición do evento Barbería Solidaria en favor da Esclerose Múltiple celebrado nos Xardíns de Méndez Núñez.
Invitados pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple – ACEM, quixemos darlles traslado do noso apoio a este tipo de actividades co obxecto de sensibilizar á opinión pública e as administracións a respecto dunha das enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a poboación de 20 a 30 anos.
Neste sentido destacamos o traballo de información e asesoramento aos afectados pola esclerose múltiple que fai ACEM ao longo de todo o ano, xa que o seu labor vai máis alá desta actividade, que cumpriu a súa segunda edición, xa que logo prestan servizos de atención psicolóxica, fisioterapia, terapia ocupacional ou talleres de estimulación cognitiva, entre outros.
Por último, tamén queremos trasladar os nosos parabéns a esta entidade pola actividade realizada e a todas persoas que colaboraron para realizala, incluídas as barbeiras e barbeiros procedentes de distintas parte de Galiza e do Estado.
A Coruña, 10 de xuño de 2017.