CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS
Por que están adiados os prazos de inscricións dos cursos dos centros cívicos municipais?
Os centros cívicos descoñecen á día de hoxe cando se procederá a recoller as solicitudes para as matriculacións nas actividades do último trimestre do ano polo que lle preguntamos ao Goberno municipal cales son as causas desta situación
A respecto doutros anos hai acumulado xa un retraso dun mes nas comunicacións que se facían desde os centros indicando o inicio do procedemento; moitas e moitos usuarios destas actividades e veciñanza xa nos ten trasladada a súa inquedanza xa que logo hai centros cunha alta demanda, polo que temen, por tanto, non ter a posibilidade de chegar a se preinscribir ao adiarse a matriculación, ou mesmo cando se abra, a ser tan curta que non poida achegarse a formalizar a matricula
Vimos de presentar unha batería de preguntas (que podes descargar premendo aquí) en relación ao adiamento que na actualidade está sufrindo a preinscrición nos cursos que se desenvolverán desde os centros cívicos municipais no ultimo trimestre do ano.
Así, a día de hoxe, aínda se descoñece cando se procederá a recoller as solicitudes para as matriculacións nas actividades que quedan no ano e preguntámoslle ao Goberno municipal cales son as causas desta situación.
Neste sentido, destacamos que a diferencia de anos pasados, os centros cívicos municipais xa tiñan anunciado a mediados de agosto os prazos para efectuar as solicitudes de inclusión nos cursos e actividades que se desenvolves desde estes servizos municipais, que normalmente coincidía na primeira semana do mes de setembro.
Mais desta volta, e como nos comunican moitas e moitos usuarios que xa se dirixiron ao seu centro cívico de referencia, as traballadoras e traballadores indícanlles que aínda non se lles comunicou cando se abrirá este proceso, sen poder ofrecer máis información que a de estar pendentes, ou remitíndolles á chamalos todos os días para poder así non perder a oportunidade de se matricular.
Deste xeito, e a maiores de interesarmonos polas causas desta demora, tamén queremos saber se serán reforzados os servizos dos centros cívicos municipais para axudar a este proceso e provocar a mínima distorsión á veciñanza ou se a área de Servizos Sociais ten previsto para cursos e actividades futuras modificar os períodos trimestrais das mesmas ou se van seguir respectando os calendarios que até o de agora se viñan desenvolvendo.
A respecto doutros anos hai acumulado xa un retraso dun mes nas comunicacións que se facían desde os centros indicando o inicio do procedemento; moitas e moitos usuarios destas actividades e veciñanza xa nos ten trasladada a súa inquedanza xa que logo hai centros cunha alta demanda, polo que temen, por tanto, non ter a posibilidade de chegar a se preinscribir ao adiarse a matriculación, ou mesmo cando se abra, a ser tan curta que non poida achegarse a formalizar a matricula.
A Coruña, 6 de setembro de 2017.