AVIA VEIRA COLOCA NO PLENO DESTE 14D A CUESTIÓN DO ESTANCAMENTO DUNHA ACTUACIÓN QUE BLOQUEA ACCESO A MONTE ALTO
"Estamos escandalizadas co que sucede coas obras de humanización do Paseo Marítimo"
As obras están virtualmente estancadas, máis dun ano despois de teren comezado e supoñen unha “molestia para a veciñanza de Monte Alto porque o Paseo Marítimo é unha arteria de entrada e saído do barrio, hoxe bloqueada polas obras”, denuncia Veira.
“O que se ve a simple vista, como o víamos no verán cando xa denunciamos esta situación no Concello, é que as obras están estancadas e que a empresa adxudicataria non puxo todos os medios para rematar os traballos nos prazos establecidos na licitación”, afirma a concelleira.
É por iso que o BNG defenderá unha moción que primeiro esixe ao Goberno Local que explique que está a pasar coas obras e segundo o insta a que fiscalice e, no seu caso sancione, a empresa adxudicataria, se se demostrar que non puxo os medios suficientes para cumprir coas súas obrigas contractuais.
“Non pode ser que unha empresa sexa adxudicataria dunha obra do Concello, non cumpra co contrato e aínda por riba se libre da fiscalización e sanción oportuna por parte do Goberno Local, cando se está a producir un dano a un barrio tan populoso como o de Monte Alto”, conclúe Veira.