As directrices aprobadas na Xunta de Goberno supoñen aplicar o ROPC de Paco Vázquez

As directrices aprobadas na Xunta de Goberno supoñen aplicar o ROPC de Paco Vázquez

Avia Veira preparando unha reunión dos Orzamentos 2016

Logo de se aprobar este venres 27 na Xunta de Goberno as Directrices para o desenvolvemento do proceso de orzamentos participativos, constatamos a nula vontade que ten o Goberno municipal en abordar a reforma integral do ROPC.

Deste xeito, consideramos que as ditas Directrices amosan claramente que non se quere acomenter, cando menos no que resta de ano, a reforma do do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá e a creación dun novo marco regulador da participación veciñal que verdadeiramente conte con organismos plurais e democraticamente elixidos, tanto sectoriais como veciñais, con competencias e atribucións claras e que articulen mecanismos para que toda a veciñanza poida participar na toma de decisións e, entre elas, a elaboración dos orzamentos municipais.

A nosa conelleira Avia Veira sinala que “O Goberno municipal, coas directrices sobre Orzamentos Participativos aprobadas onte na Xunta de Goberno Local e que supoñen aplicar o actual ROPC directamente, está incumprindo deliberadamente o acordo de organización asinado por todos os grupos municipais”

“As directrices, que non estabelecen o nivel de vinculación das propostas, ou quen decide se son finalmente incorporadas aos orzamentos, ou que nivel de votos se precisarían para que unha proposta prosperase, ou cales son os mecanismos para incorporar as propostas das entidades e asociación que coñecen de primeira man as necesidades e demandas dos barrios, ou mesmo o sistema de participación ‘necesariamente a través de internet por medio dunha plataforma’ etc, teñen todas unha mesma característica, a ambigüidade e, por tanto a discrecionalidade: todo o proceso, todas as reunións que se fagan, todas as achegas que se realicen, quedan supeditadas finalmente á vontade do Goberno local, que as incorporaría ou non en función das súas decisións e non dun proceso verdadeiramente participativo e democrático.”, sinala a nosa portavoz municipal.

Para nós o proceso que abre o Executivo local a partir da semana que vén enmascara a nula vontade de reformar o ROPC e establecer un novo marco regulador da participación veciñal e detectan múltiples carencias nos contidos das directrices como que todas as achegas que se realicen, quedan supeditadas finalmente á vontade do Goberno local

Lembramos, ademais, que levamos meses exixindo que se convoque a Comisión de Reforma do ROPC. “Mesmo esta semana, despois de como se aprobaron os orzamentos para este 2016, volvemos a exixilo para facer dos próximos orzamentos uns orzamentos participativos. A resposta foi a aprobación onte deste relatorio. Xa non se trata dunha cuestión de tempos ou de xeitos de traballar. Simplemente o Goberno municipal incumpre os acordos aos que chega cos demais grupos políticos e mesmo non atende as solicitudes que por escrito se lle presentan.”, conclúe Avia.

 

Artigos relacionados:

A Coruña, 28 de maio de 2016

As directrices aprobadas na Xunta de Goberno supoñen aplicar o ROPC de Paco Vázquez