Desde hoxe até ao 26M, séguenos en jorquera.gal

web.jorquera
www.jorquera.gal

O BNG lanza www.jorquera.gal, a web na que debullará a cidade-modelo que defenderá a candidatura encabezada por Francisco Jorquera.

Desde hoxe até ao 26M, séguenos en jorquera.gal

Desde este martes 26 de febreiro, a tres meses, 90 días xustos para as votacións do 26M, na web de campaña www.jorquera.gal ofreceremos toda a información do camiño que seguirá o BNG da Coruña para intentar “liderar a política desta cidade”, segundo explicou Francisco Jorquera nos actos de presentación da candidatura que encabeza. A cidade-modelo que o candidato do Bloque á Alcaldía da Coruña vai debuxando en cada intervención pública empeza a perfilarse nesta ventá que hoxe abrimos para convidar a todas as veciñas e veciños a construír xuntas esa Coruña que vai precisando un cambio en serio.

 

Que atoparedes nesta web?


Ferramentas para conversar coas nosas candidatas e candidatos


Dispoñedes de dúas formas DIRECTAS para interactuar coas candidatas e candidatos.


A través do WHATSAPP, no botón negro que figura baixo a presentación, á dereita [esta canle tamén accesíbel desde o menú superior e no remate da portada]. E tamén a través do MAIL [email protected], no menú superior.
Ademais, se o que desexades é FACER ACHEGAS AO PROGRAMA, disporedes dun mail específico no botón vermello que figura baixo a presentación, a esquerda, que nos chegarán a través do correo [email protected] [esta canle tamén accesíbel desde un módulo destacado na metade da portada].
Iso si, pedímosvos un pouco de paciencia coas respostas, responderase o antes posíbel e procuraremos facelo sempre no mesmo día.

 

Moitas informacións, abundante información


Desde a web, tedes un acceso sinxelo ás nosas redes sociais. Nesta campaña estaremos en Facebook, Instagram, Twitter e YouTube.


Ademais dos textos, documentos, audios e fotografías que compoñen as novas, podedes ver e compartir os VÍDEOS dos actos de campaña do BNG da Coruña ás municipais de maio.

 

A web estrutúrase en catro partes dinámicas: Ideas Claras, Novas, Candidatura e Axenda.


En Ideas Claras iremos desenvolvendo o programa que nesta altura está en proceso de elaboración, pero xa bastante avanzado. Nas Novas, mediante material escrito e audiovisual iremos dando conta do día a día da campaña. Nas páxinas da Candidatura iremos vertendo entrevistas, opinións e reflexións das mulleres e homes que representan ao BNG da Coruña nestas eleccións. E na Axenda teredes información puntual dos actos de campaña, intervencións públicas e outras convocatorias ás que estades convidadas.

Desde hoxe até ao 26M, séguenos en jorquera.gal