CONTRATAS MUNICIPAIS
Unha decena de traballadoras e traballadores de centros cívicos poderían ir a rúa a final de mes
Demandamos do Goberno municipal que aclare que vai pasar coas traballadoras e cos traballadores dos centros cívicos que non serán subrogados a partir do 1 de abril
Non chega con amosar apoio e solidariedade. Este Goberno municipal cada vez ten máis frontes abertos a respecto das problemáticas que afectan a persoas traballadoras de empresas con contratas municipais: entendemos que non se está a priorizar ás persoas, e neste caso o Executivo local deberá garantir os postos de traballos que a nova empresa ameaza con non subrogar
Logo das distintas información aparecidas nos medios de comunicación a respecto da non subrogación dunha decena de persoas traballadoras dos Centros Cívicos a partir do vindeiro 1 de abril, ao asumir a xestión de atención unha nova empresa, demandamos do Goberno municipal que aclare que vai pasar con estas persoas.
E é que as traballadoras e traballadores afectados, dos centros cívicos de Labañou, Os Mallos, Sagrada Familia, Eiris e Novo Mesoiro recibiron a principios de semana comunicación da nova concesionaria do remate dos seus contratos e, por tanto, a non subrogación no seu posto de traballo.
Non é a primeira vez que xorden, durante este mandato, problemas coas empresas que acceden a novas contratacións de servizos polo que entendemos que non se están a garantir debidamente os dereitos das persoas traballadoras polo Goberno municipal á hora de iniciar os procesos de novas adxudicacións.
Independentemente da convocatoria para o vindeiro luns ás partes, ás novas concesionarias dos servizos de consexaría nos centros cívicos e ao cadro de persoal, a sendas reunións, realizada onte pola concelleira de Xustiza Social Silvia Camean, cremos que non chega con amosar apoio e solidariedade. Este Goberno municipal cada vez ten máis frontes abertos a respecto das problemáticas que afectan a persoas traballadoras de empresas con contratas municipais: entendemos que non se está a priorizar ás persoas, e neste caso o Executivo local deberá garantir os postos de traballos que a nova empresa ameaza con non subrogar.
A Coruña, 24 de marzo de 2017