MEDIO AMBIENTE
Outra externalización do Goberno da Marea, desta volta na área de Medio Ambiente
Censuramos que o Goberno municipal abra un proceso de contratación de 72.600 euros para o control de calidade do servizo de conservación e mantemento dos parques e xardíns da cidade
Preguntámonos de novo se no Concello non existe persoal capacitado para realizar o seguimento para o que se externaliza este servizo polo que demandaremos explicacións ao Executivo local
Vólvese constatar que a contratación e externalización é o xeito de traballar de cotío do Goberno da Marea. Esta non é, e nos tememos que tampouco será a última vez, que descubrimos a través dunha resolución como os cartos de todas e de todos se empregan para desenvolver un servizo que ben pode desenvolver o cadro de persoal do Concello
Estes día tivemos acceso a un gasto aprobado para unha nova externalización dun servizo (podes velo premendo aquí), desta volta na área de Medio Ambiente, e que ascende a 72.600 euros, para o apoio técnico para o control de calidade do servizo de conservación e mantemento dos parques e xardíns da cidade.
E preguntámonos, novamente, se no Concello da Coruña non existe persoal capacitado, ou mesmo se non existe o persoal suficiente como para realizar a encomenda deste servizo que se externaliza.
E é que lembramos que este xeito de traballar do Executivo non é novidoso e coma exemplos anterires temos a redacción da norma para eventos e uso das vía pública, na área de Participación, a revisión da normativa en materia de protección e tenencia de animais, da propia de Medio Ambiente, ou mesmo o servizo de asistencia técnica para apoio na elaboración de informes de supervisión de proxectos por parte de técnicos municipais, realizada na área de urbanismo e que só esta supoñía unha licitación de case 200.000 euros.
Vólvese constatar que a contratación e externalización é o xeito de traballar de cotío do Goberno da Marea. Esta non é, e nos tememos que tampouco será a última vez, que descubrimos a través dunha resolución como os cartos de todas e de todos se empregan para desenvolver un servizo que ben pode desenvolver o cadro de persoal do Concello”, sinala Avia Veira.
A Coruña, 2 de xuño de 2017.
Noticias relacionadas: