O BNG demanda a retirada dos letreiros con nomes franquistas
A concelleira do BNG Avia Veira dirixiulle unha pregunta por escrito ao Goberno Local dando conta de que na cidade fican aÃnda sinalizacións e letreiros con nomes franquistas como os que indican a dirección cara á "Avenida Xeneral Sanjurjo" ou á "Praza Millán Astray".
Veira pÃdelle ao Goberno Local que retire estas sinalizacións para evitar que se perpetúen "os nomes franquistas do rueiro que se retiraron no pasado mandato", en aplicación do acordo plenario adoptado en 2009.
"Esta sinalización, ademais de perpetuar nomes franquistas, pode confundir as persoas que veñen de fóra da cidade e non coñecen o rueiro", argumenta a edil nacionalista.
Na iniciativa, que se achega, Veira pregúntalle ao Goberno Local se coñece a "existencia desta sinalización desfasada" e se, no caso afirmativo, ten intención de a revisar e a substituÃr para a adecuar aos nomes actuais das rúas. A concelleira interésase tamén por saber en que prazo pensa o executivo coruñés retirar eses letreiros con pegadas da ditadura.