David Soto inquire o Goberno Local sobre as conversas con Correos para manter unha oficina deste servizo público en Novo Mesoiro
En 2013, o Concello asinou un convenio en virtude do cal cedía un local municipal (sito na Rúa Ribeira Sacra) a Correos e Telégrafos por espazo de 5 anos, prorrogábel por outros tantos, visando que as veciñas e veciños puidesen dispor dun servizo público esencial de maneira próxima e presencial.
O convenio caducou a finais de xullo pasado e, de acordo con respostas anteriores a iniciativas do BNG, o Goberno Local estivo a manter conversas con Correos, sen achegar, porén, “detalles” sobre o seu contido.
Alén da renovación deste convenio, Soto interésase por saber se o Goberno Local, nas súas conversas con Correos, está a introducir a necesidade de mellorar a calidade do servizo, cuestión que pasaría pola ampliación quer dos horarios quer do persoal de atención ao público.