GOBERNO MUNICIPAL

Cualificamos como decepcionante o labor do Goberno municipal no ecuador do seu mandato

Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación
Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación

Pasados xa dous anos de goberno da Marea entendemos que moitas das promesas e propostas realizadas durante a campaña das municipais e a inicio de mandato, se teñen convertido en papel mollado, polo que emprazamos ao Executivo a comezar a ter unha actitude máis valente e decidida nos temas políticos fundamentais da cidade

Na maior das veces parece que o Executivo local está máis preocupado en realizar campañas publicitarias que a realizar unha acción de goberno solvente e decidida: o plano de inclusión social, a descentralización dos servizos sociais nos centros cívicos, a caducidade da concesión á Compañía de Tranvías e a mobilidade na cidade, as obras nos barrios etc, son algúns exemplos dos que xa advertimos e que denunciamos mais segue sen rectificarse e non se aprecia que poidan ser abordados a curto prazo

Cualificamos como decepcionante o labor do Goberno municipal no ecuador do seu mandato

Fixemos valoración, no ecuador de mandato, do traballo desenvolvido do labor do Goberno municipal até esta altura.

Deste xeito, cualificamos como decepcionante o traballo desenvolvido durante este período, e entendemos que moitas das promesas e propostas realizadas durante a campaña das municipais e a inicio de mandato, se teñen convertido en papel mollado, polo que emprazamos ao Executivo a comezar a ter unha actitude máis valente e decidida nos temas políticos fundamentais da cidade.

Neste sentido, entendemos que moitas das actuacións do Goberno se centran máis no “envoltorio” e na “venda do produto” na vez de execución, sobre todo no que ten que ver coas políticas transformadoras das que facían bandeira e que prometeron executar durante a campaña electoral e mesmo cando unha vez celebradas estas e formado o Goberno local, dicían que se ían executar.

Avia á entrada do salón de plenos

Deste xeito, foi evidente que á Marea se lle deu unha marxe de manobra máis que folgada, entendendo que en moitos aspectos “tiñan aínda que aterrar na política municipal”, polo que ao marxe dos cen días de graza que a todos os novos gobernos se lles dá, para co novo Goberno saído das eleccións municipais existiu un período moi superior que non souberon ou non quixeron aproveitar para poñerse ao día e recoller a experiencia necesaria para executar moitas das promesas que traian no seu programa.

A falta de experiencia e de coñecemento do funcionamento da administración local puido ser unha escusa eximente ao principio. Entendémolo. Mais pasado xa dous anos enteiros ao xeito de gobernar da Marea non pode atribuírselle esa explicación xa redundante polo que entendemos que están a facer da escusa argumento.

E cremos que moitos dos principais problemas da cidade que se evidenciaron durante o mandato do partido Popular seguen sen solucionarse, e mesmo tampouco se ve a curto prazo vías de solución.

Na maior das veces parece que o Executivo local está máis preocupado en realizar campañas publicitarias que a realizar unha acción de goberno solvente e decidida: o plano de inclusión social, a descentralización dos servizos sociais nos centros cívicos, a caducidade da concesión á Compañía de Tranvías e a mobilidade na cidade, as obras nos barrios etc, son algúns exemplos dos que xa advertimos e que denunciamos mais segue sen rectificarse e non se aprecia que poidan ser abordados a curto prazo.

Por último, insistimos en demandar do Goberno da Marea Atlántica que tamén teña alturas de miras dada a súa situación de minoría e que lle obriga a que moitos dos asuntos que se leven a Pleno necesiten do apoio das formacións que no seu día votaron polo cambio de políticas na cidade.

Desde comezo de mandato amosamos a disposición do BNG a apoiar unha acción de goberno decidida, baseada en políticas transformadoras e dirixida as maiorías sociais. Iso non significaba “un si por que si”, como moitas veces temos advertido. E o Executivo local segue sen comprender a esta altura, dous anos despois, que as demais forzas políticas tamén debemos e tamén queremos ter coñecemento previo das súas propostas e da súa acción de goberno e poder incidir e participar. Seguen se buscar os acordos e consensos necesarios para poder executar esas políticas transformadoras.

 

A Coruña, 15 de xuño de 2017

Cualificamos como decepcionante o labor do Goberno municipal no ecuador do seu mandato