EVASIVA RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL A UNHA PREGUNTA DE MERCEDES QUEIXAS

Continuamos sen saber quen vai pagar a factura das pingueiras no Pazo da Ópera

Pingueiras
Imaxe en que se ven os desperfectos sufridos na infraestrutura
Pingueiras no Pazo da Ópera deixaron inservíbeis un non pequeno número de butacas, o que obrigou a persoas abonadas aos concertos da Orquestra Sinfónica de Galiza a seren reubicadas.
Continuamos sen saber quen vai pagar a factura das pingueiras no Pazo da Ópera

Esta situación, que mostra o deficiente mantemento dunha infraestrutura cultural tan relevante na cidade, motivou a concelleira do BNG Mercedes Queixas a realizar un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local.

A resposta do Executivo coruñés non pode ser máis evasiva.

“O Concello está en contacto coa concesionaria para atopar unha solución de xeito inmediato ao problema e para garantir tamén que non se reproduza no futuro”, limítase a dicir.

Mais fican preguntas concretas por seren respondidas. Por exemplo, quen vai asumir o custe destas obras de mantemento, en que prazo van estar  resolvidas as deficiencias, que avaliación fai o Goberno Local do estado da infraestrutura e se se lle vai esixir á concesionaria que poña fin a unha situación que leva á redución da capacidade do Pazo, a reubicar as persoas abonadas, e que por tanto condiciona a programación da propia Orquestra.

“Visto o visto, tórnase aínda máis necesario que nunca que a alcaldesa convoque a Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música, tal e como demandamos no último Pleno”, subliña Mercedes Queixas.

 

Continuamos sen saber quen vai pagar a factura das pingueiras no Pazo da Ópera