REXENERACIÓN URBANA
Se o Consultivo determina que algunha adquisición das vivendas é nula haberá que contraer responsabilidades
O Goberno municipal debe ser valente, asumir o votado no pleno e, se non ten nada que agochar, enviarlle ao Consultivo o conxunto do expediente para que sexa este que determine os actos de adquisición de inmóbeis son nulos
Ten que ser o Consultivo quen determine cal das adquisicións é nula e non as que filtrou o propio Goberno Municipal
É incomprensíbel que o alcalde diga que ninguén asumirá responsabilidades políticas se o Consultivo determina que son nulas algunhas das adquisicións de vivendas para o aluguer social
Diante das confusión acerca das declaracións do Goberno municipal sobre o que se enviará ou non ao Consello Consultivo de Galiza, cremos que o Goberno municipal debe ser valente, asumir o votado no pleno e enviarlle ao Consultivo o conxunto do expediente para que sexa este que determine os actos de adquisición de inmóbeis son nulos.
Así mesmo, manifestamos que se o Goberno local non ten nada que agochar que envíe o conxunto do expediente e que sexa o Consultivo quen determine cal das adquisicións é nula e non as que filtra o propio Goberno Municipal.
É incomprensíbel que o alcalde diga, de primeiras, que ninguén asumirá responsabilidades políticas se o Consultivo determina que son nulas algunhas das adquisicións de vivendas para o aluguer social.
A Coruña, 13 de abril de 2018.
Noticias relacionadas: