PATRIMONIO
Congratulámonos de que a protección da contorna da Torre estea cada vez mais preto
Tivemos acceso ao Decreto, por orde da área de Rexenaración Urbana e Dereito á Vivenda de data 26 de setembro, polo que se dispón o iniciar o expediente de modificación puntual do PXOM que impedirá a construción de novos volumes edificatorios no barrio de Durmideiras
En agosto presentamos unha moción, que foi aprobada por unanimidade no Pleno de setembro, onde se propoñía a necesaria modificación do PXOM para evitar a especulación urbanística na contorna da Torre de Hércules
Queremos amosar a nosa satisfacción, logo de acceder ao libro de resolucións para a súa toma de coñecemento do Pleno deste vindeiro luns, xa que logo recóllese o Decreto, por orde da área de Rexenaración Urbana e Dereito á Vivenda de data 26 de setembro, onde se dispón o iniciar o expediente de modificación puntual do PXOM que impedirá a construción de novos volumes edificatorios no barrio de Durmideiras, primeiro dos trámites para a protección real e efectiva da contorna da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade.
E é que este procedemento nace da moción presentada por nós para o Pleno de setembro na que solicitabamos o acordo a iniciar os trámites necesarios para levar a cabo unha modificación parcial do PXOM na que se contemple unha nova ordenación na contorna da Torre de Hércules que non permita construcións na zona buffer de protección, impedindo así novos volumes edificatorios en Durmideiras, como resultado do compromiso dos grupos políticos desta corporación municipal coa protección deste monumento como Patrimonio da Humanidade e da súa contorna.
Cando presentamos esta iniciativa, indicabamos que debía ser un compromiso que debían ter o conxunto da Corporación coa protección da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade e da súa contorna blindando deste xeito a súa protección, e que todas as organizacións políticas que sosteñen os grupos municipais que conforman a actual Corporación, en diferentes momentos, tiñan manifestado publicamente que non se deben construír edificacións no barrio de Durmideiras, e mesmo o propio PP chegara a comprometerse publicamente a isto en datas próximas ás eleccións municipais de 2015, polo que entendían oportuna e necesaria unha modificación parcial do PXOM para evitar que se puideran levantar novos volumes edificatorios en Durmideiras.
Deste xeito, e co inicio deste trámite, entendemos que a protección da contorna da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, cada vez está máis preto, así como anúlase o proceso especulativo que se pretendía realizar na zona de Durmireiras.
A Coruña, 5 de novembro de 2016