AVIA VEIRA NA COMISIÓN DO BORDO LITORAL

É o Concello quen ten que liderar o ente que pilote a transformación dos terreos portuarios

Comisión Bordo Litoral
A concelleira do BNG Avia Veira defendeu esta mañá, nunha nova reunión da Comisión do Bordo Litoral, que sexa o Concello quen lidere o ente que pilote a transformación dos terreos porto da Coruña unha vez que parte das súas actividades sexan trasladadas á dársena exterior de Punta Langosteira.
É o Concello quen ten que liderar o ente que pilote a transformación dos terreos portuarios

“Na Comisión Inter-Administrativa do próximo mércores, o Concello ten que defender con clareza que é ela a administración á que lle corresponde liderar o consorcio ou o ente que se constitúa para deseñar a transformación do porto”, di Avia Veira.

No transcurso da Comisión, o Goberno Local desvelou que non comparte a proposta da Xunta de se facer co control maioritario, cunha participación do 51%, dos terreos de Batería e Calvo Sotelo. “Xa era hora de que o Goberno Local esclarecese a súa posición. Desde o BNG defendemos desde o principio que os terreos portuarios desafectados teñen que reverter no Concello e, por tanto, non ten sentido que a Xunta teña poder de decisión sobre eles. Agardamos que o Goberno Local se manteña nesta postura na reunión do mércores”, di Veira.

A concelleira nacionalista pediulle tamén ao executivo coruñés que na Comisión Inter-Administrativa suscite a cuestión da condonación da débeda que pesa sobre a Autoridade Portuaria. “A solución non está en reestruturar o débito nen moito menos en ligar esta operación á venda de activos, é dicir, á privatización de terreos portuarios para dar un pelotazo inmobiliario. A solución está en condonar a débeda, en non discriminar A Coruña, en facer aquí o que se fixo en Valéncia”, concluíu.

É o Concello quen ten que liderar o ente que pilote a transformación dos terreos portuarios