Este 1 de maio, celebramos canda miles de persoas o Día Internacional da Clase Obreira

Faixa do BNG 1 de maio de 2021.
faixa do BNG

Este #1demaio, Día Internacional da Clase Obreira, marchamos canda miles de persoas, desde a Praza de Vigo até a de María Pita, na manifestación da CIG e fixémolo para esixirmos que a crise social e económica decorrente da pandemia non a paguemos xs de sempre, Galiza como país e as súas clases populares. Marchamos cunha faixa propia, cunha lenda que rezaba así: "Pola defensa dos postos de traballo da comarca". Uníronse á manifestación moitos militantes e simpatizantes do BNG, entre elxs a deputada Mercedes Queixas, a concelleira Avia Veira e o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera.

Este 1 de maio, celebramos canda miles de persoas o Día Internacional da Clase Obreira

Non só facemos nosos os cánticos que se corearon durante a marcha -"A crise social, que a pague o capital", "postos de traballo na nosa terra"-, senón que tamén facemos nosas as palabras pronunciadas no seu discurso en María Pita polo secretario comarcal da CIG, Xabier Filgueira: que se interveña Alu Ibérica para evitar o seu fechamento e que, ao tempo, se free o ERTE da Refinaría e se impida calquera operación especulativa nos peiraos que fiquen liberados de usos portuarios. Unímonos tamén á súa chamada á veciñanza a participar na grande marcha cidadá do 30M convocada en defensa do porto, como corresponde ao feito de sermos nós unha das entidades organizadoras da mobilización.

MPita

 

Esta celebración do internacionalismo obreiro concluíu con miles de gorxas a entoaren o himno nacional galego. A loita, desde logo, continúa

Este 1 de maio, celebramos canda miles de persoas o Día Internacional da Clase Obreira