O Concello págalle 2.000 a un medio para que entreviste o Sr. Negreira sobre o ascenso do Dépor
A Coruña, 8 de outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de ter acceso a unha resolución da Alcaldía de 8 de agosto de 2014 que acorda aboarlle a unha axencia de publicidade unha factura de 1.960,20 euros para que un medio de comunicación da cidade entreviste ao Sr. Negreira con motivo do ascenso do Deportivo. En vista de que o Goberno local malgasta cartos públicos para que un medio lle faga unha entrevista ao alcalde, as nacionalistas pregúntanse onde quedan as declaracións do PP en relación á redución do gasto superfluo.
O Grupo Municipal do BNG acusa o Goberno do Sr. Negreira de estar máis preocupado pola xestión da súa imaxe na Prensa que pola propia xestión do Concello e de converter a actividade municipal en propaganda, seguindo o manual propagandístico do Partido Popular para ocutar as graves e antisociais medidas que acomete nas Administracións que goberna. Na mesma liña, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o Sr. Negreira trata de agochar o seu estrepitoso fracaso á fronte do Concello dilapidando en propaganda unha inxente cantidade de cartos municipais.
Podes descargar nesta ligazón a resolución de Alcaldía sobre a entrevista alcalde